RIBEIRA> A residencia da terceira idade celebrou unha xornada moi especial: o cumpreanos da interna máis lonxeva que facía un século de vida.
{flowplayer}barbanza/cumpreanoscentenariaribeira.flv{/flowplayer}
Ademais de ser unha das primeiras residentes que chegaron ó centro para a terceira idade de Ribeira, hai xa sete anos, Guadalupe Vicente ostenta o título de ser a residente máis lonxeva.
O 31 de agosto cumpría cen anos, un evento digno de celebrar por todo o alto. Netos e bisnetos desprazaronse ata a residencia para compartir con Lupe unha xornada de festa. Dende a dirección do centro encargáronse de que non faltase de nada: as velas, a tarta e, como non, as flores que dende sempre lle encantaron a Guadalupe, tal e como lembraba a súa neta Mila.
Aínda que o destino quixo que Lupe pase os seus últimos anos na capital do Barbanza, a maior parte da súa vida transcorreu na Guarda, de onde é natural, e tamén en Pontevedra.
Hoxe, volvendo a vista atrás, pódese sentir orgullosa desta gran familia que non quixo perderse o cumpreanos da avoa. E é que son poucos os que poden presumir de chegar a celebrar o seu centenario.
Redacción Barbanza