Ribeira adxudica o proxecto de expropiación e os servizos de arqueoloxía do polígono

RIBEIRA> Adxudicado o proxecto de expropiación e os servizos de arqueoloxía do novo polígono de Ribeira. Corresponden ós dous primeiros lotes de licitación do servizo de planeamento necesarios para a execución do parque empresarial, situado entre a Fontenla e Areas Vermellas.

O proxecto de urbanización foi adxudicado á emrpesa Fernández Carballa e Asociados cun importe próximo ós 44 mil euros. Polo que respecta ós servizos de arqueoloxía será Árbore Sociedade Corporativa Galega a encargada de executalos cun proxecto valorado en algo máis de 26 mil euros.

Unha vez finalizado este proceso tan só resta adxudicar o lote número 3 para a redacción do proxecto de urbanización que sae a licitación cun prezo inicial de 173 mil euros.

En paralelo a estes procedementos, o concello estivo a dar outros pasos encamiñados á execución do polígono como a recente aprobación en pleno dunha operación de crédito para facer fronte á expropiación dos terreos.

A finais de novembro, o DOG publicaba tamén a aprobación definitiva da modificación puntual do Plan Xeral como paso previo para a creación deste polígono de preto de 300 mil metros cadrados que vén satisfacer a crecente demanda de chan industrial no municipio.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí