Os socialistas noieses esixen a posta en marcha das medidas aprobadas na Comisión da Covid

NOIA> No último pleno, celebrado a pasada semana, os socialistas xa lle insistiron na necesidade de axilizar a toma de decisións para facer efectivas as propostas tratadas nesta Comisión.

O Partido Socialista levou á Comisión de Seguimento da Covid-19 varias propostas de índole económico, como son a creación dunhas axudas ás familias que están sendo golpeadas pola crise derivada da pandemia, a través de bonos xestionados directamente polo Concello, para poder realizar compras no  comercio local, ou a ampliación za zona de terrazas para a hostalería. Trátase de medidas necesarias, que agora, segundo eles, é necesario poñer en marcha, polo que instan á alcaldía a activalas o antes posible.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí