Mariñeiros e veciños réndenlle homenaxe a Carlos Queiro

homenaxemarineiroportosin_100_010909.jpgPORTO DO SON> O acto, no que participaron ó redor dun cento de embarcacións, consistiu nunha multitudinaria ofrenda floral no mar, no mesmo lugar na que se produciu o afundimento do barco.

{flowplayer}barbanza/homenaxemarineiroportosin.flv{/flowplayer}

No peirao de Portosín vivíuse onte pola noite unha emotiva homenaxe ó patrón do ‘Furacán’, Carlos Queiro, falecido o pasado sábado nun naufraxio, a causa dun golpe de mar, cando desempeñaba o seu traballo habitual, xunto con outros dous tripulantes da embarcación que si conseguiron salva-la súa vida. Os seus compañeiros de profesión, así coma o resto de veciños da localidade, quixéronlle darlle un último adeus no mesmo lugar no que se produciu o afundimento, nunha zona próxima á costa, a escasa media milla do porto. Ata alí, partindo dende o propio peirao de Portosín, onde aínda hoxe ondeaban as bandeiras a media hasta, dirixíronse ó redor dun cento de embarcacións, tanto menores como de maior tamaño, para realizar unha multitudinaria ofrenda floral.

Profunda dor

Na mente de todos un mesmo pensamento, a lembranza de Carlos, un bo e experimentado mariñeiro que xa non volverá a traballar máis con eles.

Redacción Barbanza