Piden maior programación de lecer para as parroquias da Pobra

    POBRA> O BNG da Pobra reclama ó concello a programación de actividades deportivas e culturais máis aló do centro urbano. Os nacionalistas consideran que nas parroquias rurais hai xa instalacións apropiadas para acoller este tipo de accións. 

     

    Desde o BNG da Pobra cren que os veciños das zonas máis rurais do concello teñen o mesmo dereito que os do casco urbano a gozar das actividades de ocio municipais. Os nacionalistas veñen de presentar unha moción que levarán ó pleno de novembro que se celebra este xoves, na que solicitan ó goberno local a programación deste tipo de actos nos espazos que xa existen nas parroquias, para poder acoller eventos deportivos ou culturais. Ademais, os nacionalistas cren que isto axudaría a unha maior implicación dos veciños das parroquias  neste tipo de actividades. Desde o BNG aproveitaron tamén para solicitar a mellora e acondicionamento das instalacións públicas que hai na zona de Santa Cruz, o Campiño ou a Ribeiriña, co obxectivo de destinalas a actividades de ocio e contar coa implicación veciñal.