Boiro dará a coñecer o talento creativo da mocidade local

BOIRO> Presentación en Boiro dun novo programa que desenvolve a área de Mocidade. Trátase do proxecto ‘Boiro Emerxe’, que busca dar a coñecer o talento creativo da mocidade boirense.

O alcalde, José Ramón Romero, e o técnico de Xuventude, Aberto García, foron os encargados de presentar este novo programa denominado ‘Boiro Emerxe’. A iniciativa busca dar a coñecer os proxectos e traballos da xente moza da localidade. Farase a través dunha serie de charlas nas que os protagonistas serán precisamente eles

A proposta terá lugar o vindeiro 16 de abril, ás oito da tarde, no espazo Leñaverde do Centro Social de Boiro, A capacidade do espazo está limitada a 30 persoas polo que cómpre inscribirse antes a través do enderezo electrónico centrosocial@boiro.org.