Pepe Rubianes é xa fillo predilecto da cidade a título póstumo

    pepe_rubianes_100_020909.jpgVILAGARCÍA> A súa irmá, Carmen Rubianes, recíbía a distinción nun pleno extraordinario ó que asistiron moitos amigos do actor nacido en Vilaxoán.

    {flowplayer}images/salnes/020909_pleno_vilagarcia.flv{/flowplayer}

    O salón de plenos do concello de Vilagarcía era un auténtico fervedoiro de xente. Polos pasillos, caras habituais e outras moito máis coñecidas, pero que non adoitan deixarse ver polo municipio. E é que a ocasión, merecíao. Porque no pleno extraordinario convocado para hoxe, a corporación municipal nomeaba fillo predilecto de Vilagarcía ó actor Pepe Rubiáns, natural de Vilaxoán e falecido hai medio ano. Ó acto de homenaxe asistiu a irmá do artista, Carmen Rubianes, que o representou no mesmo día no que cumpriría 62 anos.

    Pepe Rubianes adoitaba definirse como galaico catalán. Por iso, o pleno tamén contou cunha representación institucional do concello de Barcelona, a través da tenente de alcalde Katy Carreras. Pero sobre todo, había moitos amigos do actor, como o humorista Carles Latre, os cómicos de Tricicle Joan Gràcia e Paco Mir ou a cantante Lucrecia.

    O espectáculo homenaxe que lle rende Vilagarcía no pavillón de Fontecarmoa vén a sumarse ó organizado polos cataláns o pasado mes de xuño, no que máis de 15 mil persoas se reuniron no Palau San Jordi de Barcelana para lembrar a figura de Pepe Rubianes.

    Redacción Salnés