RIBEIRA> A réplica do Concello non tardou en chegar. Dende o goberno ribeirense negaron que estiveran de costas á problemática actual que afecta á comunidade educativa en canto ós recortes no profesorado.
A tenente de alcalde, Mariola Sampedro, aludiu á vontade que sempre houbo dende o Concello ó diálogo, e en chegar a acordos satisfactorios para a veciñanza do municipio. Aínda así hai temas que, segundo ela, xa non dependen directamente deles.
Tamén se mostrou favorable a repetir a votación do último pleno sobre a iniciativa que pedía apoiar as reivindicacións da comunidade escolar e esixir a paralización dos recortes no ensino público, ó non quedar clara o sentido do voto dos distintos grupos.
Mariola Sampedro aludiu tamén á intención de retomar, cando se poida o Consello Escolar Municipal, que se veu paralizado coa chegada da pandemia.