BNG e PSOE defenderán en Bruselas ó xeito

    RIANXO> Os xeiteiros de toda a ría de Arousa mantiveron encontros cos eurodeputados Ana Miranda e José Blanco, respectivamente. No primeiro destes encontros dos xeiteiros con partidos políticos tomaron parte representantes do BNG, entre eles os deputados nacional, Rosana Pérez, e, autonómico, Daniel Rodas, así como tamén a portavoz desta formación política na Unión Europea, Ana Miranda. No encontro os nacionalistas trasladáronlle ós xeiteiros a súa intención de defender na Comisión de Pesca da Eurocámara desta semana que a arte do xeito sexa excluída da prohibición de utilizar calquera tipo de redes á deriva a partir de xaneiro de 2015, ó tratarse segundo eles, dunha arte de pesca artesanal sen impacto ambiental nin biolóxico na pesqueria da sardiña e que representa unha actividade económica imprescindible para unhas 427 embarcacións en toda Galicia, a maioría delas en Arousa. Ademais os membros da formación frentista tamén anunciaron de que ademais da proposta na Eurocámara, tamén presentarán iniciativas parlamentarias no Congreso e na Cámara Galega.