Abre ao tráfico o ramal de enlace da Pobra Norte da Autovía da Barbanza

    novoenlacecadreche_100_02092009.jpgPOBRA> O novo vial  mellora as condicións de accesibilidade dos núcleos rurais da parroquia de San Isidro, ó colexio de Cadreche e ás naves industriais desa zona.

    A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas abriu á circulación na Autovía do Barbanza un ramal de enlace na saída norte da Pobra do Caramiñal. A posta en servizo deste tramo virá a mellora-las condicións de accesibilidade a varios núcleos da parroquia pobresa de San Isidro, favorecendo ademais os desprazamentos ó colexio público de Cadreche e ás naves industriais situadas nesa zona.

    {flowplayer}barbanza/novoenlacecadreche.flv{/flowplayer}

    O novo vial emprázase en Cadreche, onde, grazas a unha nova rotonda, poderase acceder a estrada de San Isidro e ó resto da parroquia, unindo os lugares de Cadreche, o Freixo, Ouxo, Vilariño, os Casás, Canliña e Pumadiño.

    As obras, levadas a cabo pola empresa Sacyr, contaron cun orzamento de máis de 600 mil euros e consistiron basicamente na construción dunha rotonda e un enlace de preto de 200 metros na saída norte da autovía que comunicará co rotonda xa existente . Ata o lugar achegouse o alcalde, Isaac Maceiras, xunto cos outros membros do executivo, para comproba-lo estado das obras e valorar moi positivamente a actuación realizada.

    A obra é unha vella reivindicación dos veciños da parroquia de San Isidro que deste xeito verán melloradas as comunicacións por estrada, permitindo ademais, o acceso directo á autovía da Barbanza en calquera dirección.

    Redacción Barbanza