Inauguración da mostra ‘Rostros’ na casa de cultura da Pobra

A POBRA> Esta mañá inaugurábase na casa de cultura Raquel Fernández Soler da Pobra a exposición ‘Rostros’ do artista vilagarcián, Juan Carlos Platis. A mostra, composta por máis dunha ducia de obras, poderá visitarse durante todo este mes de agosto.

A mostra ‘Rostros’ de Juan Carlos Platis que pode visitarse na casa de cultura da Pobra encádrase na escultura figurativa. Nela recollénse varias figuras de cabezudos e tamén bustos de persoeiros ilustres da nosa cultura, como son Castelao, Rosalía de Castro ou Valle-Inclán, entre outros.

Artista polifacético, a traxectoria deste autor vilagarcíán está centrada dende o ano 95 máis na pintura, onde tocou diferentes estilos, decantándose principalmente polo abstracto. Durante este tempo combinou tamén con diversos traballos en escultura, na caricatura ou no retrato, algo que evidencia a súa versatilidade coma artista

A exposición na casa cultura pobrense estará aberta ó público durante todo este mes de agosto.