RIBEIRA> Xa hai data para o encontro das persoas maiores de Ribeira. Esta mañá a edil de Servizos Sociais, Ana Barreiro, anunciaba o día do xantar, que se retoma despois de dous anos sen celebrarse por mor da pandemia.
Será o domingo 6 de novembro no pavillón municipal da Fieiteira, agardándose unha participación dunhas mil persoas.
As persoas interesadas en asistir poderán retirar xa a invitacióna partir do luns na oficina de atención cidadá do Concello. Terá un prezo de dezaseis euros e terán preferencia os veciños empadroados no municipio.
O departamento de Servizos Sociais habilitará varios autobuses para trasladar ese día a tódolos asistentes que o desexen ata a Fieiteira.
Ademais tamén se celebrarán máis actividades, entre elas unha misa na igrexa de Santa Uxía.
Tralo xantar haberá tamén baile, coa actuación dun grupo municipal, e prevese o sorteo de varios agasallos doados por diversas empresas do municipio.