O PSOE acusa ao goberno local de aprazar actuacións en zonas rurais

    psoepobraarranxocamino_100_02092009.jpgPOBRA> Solicitan o arranxo urxente do acceso a escola infantil de Monte Carmelo e o camiño de O Couto que une a igrexa do Dean e o cemiterio.

    A agrupación municipal do partido socialista de A Pobra presentou unha moción na que insta ao executivo local a arranxar a pista do Campo da Feira e camiño de O Couto, ámbolos dous viais moi utilizados por peóns e vehículos porque dan acceso a escola infantil Monte Carmelo e conectan a igrexa do Dean co cemiterio municipal.

    {flowplayer}barbanza/psoepobraarranxocamino.flv{/flowplayer}

    Os socialistas de A Pobra denuncian que o acceso a gardería Monte Carmelo presenta un aspecto lamentable, cun camiño cheo de fochancas e pedras soltas de gran tamaño. Consideran que o goberno local debería arranxar con urxencia o vial dado que o curso escolar está a piques de iniciarse. Na moción que veñen de presentar os socialistas pobreses tamén solicitan o asfaltado do coñecido como camiño do Couto, un vial que enlaza co anterior e que conecta a igrexa do Dean co cemiterio municipal.

    Asemade, facéndose eco de varias demandas veciñais piden a reparación da fonte do Castelo para que no continúe rebordando a auga.

    Prioridade de obras urbanas

    Para os socialistas pobreses o abandono destes camiños e da fonte son tan só unha mostra máis da falta de coidado e da deixadez que vén caracterizando ao executivo municipal nestes últimos anos. Tamén pon en evidencia que nas decisións do goberno de Isaac Maceiras priman as actuacións no casco urbano, malia non ser prioritarias, fronte as necesidades do rural.

    Teresa García puxo como exemplo o acondicionamento dos xardíns Valle-Inclán, nos que se investirán preto de cento trinta mil euros ao abeiro dun Plan de Cooperación da Deputación de A Coruña.

    Redacción Barbanza