Ferido leve un vixilante de Cabo de Cruz tras ser agredido por un furtivo

    agresionvixiantecabo_100_03092009.jpgBOIRO> Un vixilante da Confraría de Pescadores de Cabo de Cruz foi vítima dunha agresión mentres desempeñaba o seu labor na praia de Xión.

    {flowplayer}barbanza/agresionvixiantecabo.flv{/flowplayer}

    Esta non é a primeira vez que os vixilantes da Confraría de Pescadores de Cabo de Cruz sufren as iras dos furtivos, que se ven acurralados cando realizan as súas prácticas ilegais.

    Ferido leve

    Neste caso os feitos tiveron lugar na praia de Xión, cando un dos nove vixilantes cos que conta actualmente o pósito boirés sorprendeu a un furtivo collendo ameixa. Segundo nos explicou o patrón maior, Carmelo Vidal, o vixilante que se atopaba dentro do vehículo da confraría, sufriu feridas leves como consecuencia da rotura dos cristais da ventaíña do coche, ó abalanzarse sobre el o presunto agresor tirándolle pedras e golpeándoo cun sacho.

    Dende a confraría boiresa xa non saben o que facer para poñer fin a estes episodios, temendo que algún día aconteza unha desgraza maior.

    O patrón maior crucense solicita da Administración que o furtivismo teña consideración de delicto e que se fagan inspeccións periódicas para sancionar a aquelas persoas e establecementos que compran marisco ilegal.

    Redacción Barbanza