O tribunal estuda os recursos á proba teórica das oposicións a policía

    oposicionspolicialocalribeira1000.jpgRIBEIRA> Segue adiante o proceso de selección para as dúas prazas de policía local de Ribeira a pesar dos recursos presentados ó exame teórico.

    {flowplayer}barbanza/oposicionspolicialocalribeira.flv{/flowplayer}

    En total foron trinta os recursos presentados contra a proba teórica alegando que algunhas preguntas non formaban parte do temario e outras estaban formuladas de xeito erróneo polo que a puntuación obtida no cómputo final puido verse alterada.

    Estudo dos recursos

    O tribunal está a examinar as reclamacións e no caso de que se detecten erros volverían puntuar os exames sen ter en conta as preguntas irregulares.

    O alcalde de Ribeira defendeu a total transparencia do proceso selectivo que conta con tódalas garantías de ecuanimidade.Dende o concello entenden que é normal que xurdan este tipo de incidencias que non afectan á igualdade de oportunidades entre os aspirantes.

    Haberá que agardar a que remate o prazo extraordinario para a presentación e resolución dos recursos para ver se afecta ás cualificacións finais dos opositores.

    Probas piscoténicas

    Mentres tanto, o proceso segue o seu curso e este xoves os candidatos que superaron as probas físicas e o cuestionario teórico realizaron a proba psicoténica.

    Redacción Barbanza