Noia adquire unha nova barredora para reforzar os servizos de limpeza viaria

NOIA> O executivo noiés conta xa cunha varredora de última xeración destinada a reforzar a limpeza viaria en todo o municipio.

Trátase dun novo equipamento que virá a optimizar recursos, mellorar a eficiencia operativa e ofrecer un servizo máis áxil e eficaz á veciñanza.

A súa compra supuxo un investimento para as arcas municipais duns 36 mil euros.

A nova varredora está dotada con dous cepillos e mangueira de auga a presión, ademais dunha tubaxe de aspìración que permitirá tamén a limpeza das arquetas dos sumidoiros.

A intención do Concello é destinala principalmente á limpeza das zonas rurais do municipio, aínda que servirá tamén de reforzo en caso de precisala no casco urbano.