A conexión de Lousame coa VAP Brión-Noia podería entrar en funcionamento antes do verán

LOUSAME> A acaldesa, Teresa Villaverde, valorou positivamente  a marcha das obras da conexión do Concello coa vía de altas prestacións Santiago-Noia. Estes días a empresa adxudicataria dos traballos iniciou a construcción da rotonda que, dende Portobravo, dará acceso ó corredor. A empresa adxudicataria das obras da conexión de Lousame coa vía de altas prestacións Santiago-Noia iniciou esta semana na AC-308, nas proximidades de Portobravo, a construción da glorieta que enlazará esta zona coa Fialla, na travesía de Noia. Segundo explicou a rexedora, a actuación permitirá a conexión do Concello co corredor. Con ela dáse resposta a unha vella demanda, que permitirá ós veciños  de Lousame poder acceder ó corredor en menos tempo e con maior seguridade viaria, evitando o tráfico de características máis urbanas da travesía de Noia. A actuación, financiada íntegramente pola consellería de Infraestruturas e Vivenda, conta cun investimento de preto dun millón de euros.