O PP da Pobra denuncia falta de previsión nas obras da Escola da Angustia

A POBRA> A menos dunha semana para que comece o curso académico, o PP da Pobra denuncia a falta da previsión do concello nas obras de mellora da Escola Infantil da Angustia. Piden explicacións e responsabilidades políticas.

O PP da Pobra denuncia a situación na que se encontra a Escola das Angustias. Segundo din, non entenden cómo a menos dunha semana para que comece o curso as obras de mellora se encontren nesta situación.

Os populares piden responsabilidades políticas porque, din, os únicos prexudicados son os máis pequenos. Aseguran que durante a realización das obras, que se veñen estendendo dende principios de xullo, as choivas deste verán ocasionaron inundacións no interior da escola.

En declaracións a Canal Rías Baixas, o alcalde da Pobra quixo mandar unha mensaxe de tranquilidade xa que, segundo asegurou, os cativos poderán comezar as clases con total tranquilidade. Tamén quixo resaltar que o retardo nas obras ten como única responsable a empresa construtora, a que se pedirá que repoña os danos causados.

Dende o executivo pobrense indican que as obras estarán rematadas a fináis de setembro e principios de outubro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí