Política Social reforza a oferta de prazas para usuarios en AMBAR

RIBEIRA> A conselleira de Política Social, Fabiola García, visitou esta mañá as instalacións desta asociación dedicada a atención de persoas con distintas capacidades de todo o Barbanza.

A titular de Política Social, Fabiola García, foi recibida ás portas do centro pola presidenta de Ambar, Milagros Rey, e o alcalde, Manuel Ruíz. Era a primeira visita ás instalacións dende o seu nomeamento.

Durante a súa visita a Conselleira destacou o papel de Ámbar na atención ás persoas con diversidade funcional, xa que segundo ela presta servizo a máis do 25% das persoas con distintas capacidades da comarca do Barbanza.

A Conselleira aludiu tamén o papel de Ámbar en materia de sensibilización e concienciación do conxunto da sociedade para erradicar as dificultades cotiás coas que se atopan as persoas con algún tipo de discapacidade, contribuíndo tamén, coa posta en marcha diferentes accións formativas, na inclusión destas persoas no mercado laboral.