Os concellos do Salnés recibirán 8 millóns de euros para servizos básicos

    plan_deputacion_100_070909.jpgCAMBADOS> A partida está incluída nos 70 millóns de euros cos que a Deputación de Pontevedra activará as economías municipais.

    {flowplayer}images/salnes/070909_louzan_investimentos_salnes.flv{/flowplayer}

    Desde o 2009 e ata o 2011, a Deputación de Pontevedra empregará 70 millóns de euros en dinamizar as economías dos municipios que integran a provincia. Desta partida, os concellos da comarca do Salnés recibirán en total oito millóns, distribuídos en función da poboación, superficie e dispersión territorial de cada un.

    De acordo con estes parámetros, Sanxenxo e Vilagarcía serán os municipios que perciban unha maior axuda, arredor de 1.200.000 euros. Séguenlle Cambados cun millón, Vilanova e o Grove, que arredor de 700.000 e a Illa, que percibirá algo máis de 650.000 euros.

    Durante a presentación destas cifras, Louzán informou ós rexedores do Salnés que a Deputación porá ó servizo de tódolos concellos da provincia un programa de concesión de préstamos para paliar a falta de liquidez das administracións locais.

    O organismo provincial tamén se propón reducir as facturas de enerxía que teñen que pagar os concello. Con esta medida intentarase abaratar o gasto enerxético sen reducir os servizos que prestan na actualidade.

    Redacción Salnés