A Illa entrega máis de 2 mil euros en premios entre a campaña do consorcio do Salnés e merca Illa

A ILLA> A Illa de Arousa entrega os premios da campaña de nadal da vila e do consorcio de comerciantes de Salnés. O premio principal da asociación comarcal, máis de mil euros en vales compra, recaeu nunha veciña da Illa. En total foron máis de 11 premios entregados por un valor superior aos 2 mil euros.

O premio principal da campaña de nadal do consorcio de comerciantes do Salnés foi parar para a Illa de Arousa. A agraciada fixo as súas compras para o día de reis na mercería Loli.

A premiada recibiu 1100 euros en vales compra, dos cales deberá gastar 100 euros en cada un dos concellos asociados ao consorcio, os 300 restantes poderá gastalos con total liberdade. Parte dese premio irá para á familia.

O acto de entrega do premio fíxose na Illa de Arousa, aproveitando que a asociación da vila tamén entregaba os seus agasallos da campaña de nadal de marca na Illa. En total repartíronse máis de 2000 mil euros de premios.

Os comerciantes salientan a boa acollida que teñen estes sorteos pero recoñecen que a campaña de nadal do consorcio foi máis baixa do agardado.

Si funcionou mellor a campaña da Illa de Arousa. O éxito destes sorteo baséase na colaboración entre a asociación da vila e o concello.

Dando o éxito de marca na Illa, concello e asociación de comerciantes continuarán colaborando con máis sorteos ao longo deste 2022.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí