A pandemia e Maradona protagonizan o Belén de Valga

VALGA>  Donald Trump, o rei emérito e Fernando Simón xuntos… No belén de Valga. A famosa decoración de nadal da vila xa está aberta ao público con máis de 4 mil figuras tanto tradicionais como actuais. O tema central deste ano é a crise sanitaria. Un tema que está presente tamén no propio recinto, xa que está adaptado con todas as medidas sanitarias.

O concello de Valga abre ao público o seu famosos belén artesanal. A decoración de nadal chega este ano con máis de 4 mil pezas, alternando figuras tradicionais, como os pastores ou os reis magos, con outras actuais como Donald Trump e o rei hemérito ou os falecidos Maradona, Michael Robinson ou Kobe Bryant. Pero o tema central deste ano é a crise sanitaria.

O belén de valga é visitado por xente de toda Galicia. A clave do éxito está nesta mestura de tradición e actualidade.

No belén de Valga tampouco falta o seu propio concello, cos lugares máis importantes da vila. Este ano o belén cumpre 25 anos. Unha celebración especial que os 22 montadores deste decorado quixeron dedicar a un antigo compañeiro.

Dada a situación actual, o recinto está limitado a 25 persoas e cumpre con todas as medidas sanitarias.

O belén estará aberto ata o 7 de xaneiro en horario de luns a sábado de 5 e media a 8 e media. Os domingos durante todo o día.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí