Os técnicos de campo aconsellan realizar os tratamentos nos viñedos ‘como no prezo xusto’

CAMBADOS> Comeza a selección dos brotes nos viñedos para priorizar o crecemento dos máis produtivos. Estas tarefas axudarán no futuro á formación dos acios. Os viticultores tamén teñen que estar pendentes dos vindeiros chuvascos para continuar os tratamentos contra o Mildiu e o Oídio.

Os viñedos avanzan na etapa da brotación. Cada vez as parras locen máis verdes e comezan a verse os primeiros acios. Neste períodos os traballos dos viticultores comezan a ampliarse. Un dos máis importantes é da selección dos brotes.

Nesta época tamén comezan os primeiros tratamentos. É importante que os viticultores estean pendentes do tempo para realizar as aplicacións.

O consello dos técnicos é prever os temporais e aplicar o tratamento xusto de produto.

Os técnicos tamén aconsellan tratar contra o Oídio e realizar o mantemento do chan para evitar que as herbas compitan coa cepa e que así creza máis vigorosa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí