O concello da Pobra mellora os servizos básicos na rúa Gavoteira

    saneamentogavoteira_100_080909.jpgPOBRA> A empresa Oys Noroeste vén de iniciar os traballos de mellora na rede de auga potable, saneamento e pluvais da rúa Gavoteira.

    {flowplayer}barbanza/saneamentogavoteira.flv{/flowplayer}

    Logo de que rematas en as obras de saneamento da rúa Ponte, a rúa Unión e a praza Irmáns Axeitos, este luns iniciaronse os traballos de mellora na rede de auga potable, saneamento e pluviais na rúa Gavoteira.

    Este vial sitúase entre a praza do Cristo do Pichón e a rúa Venecia no centro urbano de A Pobra e conta importante número de vivendas. As obras consistirán na substitución das redes de tubarías de saneamento, pluviais e abastecemento e o asfaltado da rúa.

    Segundo explicou o rexedor pobrés esta actuación está orzamentada en 129 mil euros. O concello da Pobra farase cargo do vinte por cento desta contía. O oitenta por cento restante do presuposto será asumido pola Deputación de A Coruña.

    A actuación, que está a realizar a empresa Oys Noroeste, ten un prazo de execución e de tres meses.

    Redacción Barbanza