Política Social simplifica os trámites para poder acollerse ó programa de Respiro Familiar

RIBEIRA> A conselleira de Política Social, Fabiola García, visitou esta mañá o centro de día para persoas con alzheimer que xestiona a asociación Agadea en Ribeira. A visita serviu para anunciar  que o Goberno Galego vai simplificar os trámites do novo programa de Respiro familiar, co que persoas dependentes ou con discapacidade realizan estancias temporais en residencias para facilitar así o descanso dos seus coidadores.

A conselleira de Política Social, Fabiola García, realizou esta mañá unha visita ó centro de día para persoas con alzhéimer de Ribeira que xestiona Agadea. Alí puido coñecer de primeira man o traballo que desenvolve esta entidade que presta servizo, non só a persoas con esta doenza do municipio, senón tamén de concellos limítrofes.

Fabiola García aproveitou a súa visita á capital barbanzá para anunciar que a Xunta simplificou os trámites e eliminou os límites de renda, prezo e duración do novo programa de Respiro Familiar,co que persoas dependentes ou con discapacidade realizan estancias temporais en residencias, que permite o descanso dos seus coidadores.

A titular de Política Social puxo de relevo o esforzo que realizan a diario as persoas coidadoras, un traballo que segundo ela se duplicou coa pandemia, razón fundamental pola que a Xunta se decidiu a mellorar e simplificar os trámites para poder acollerse a este programa que xa estaba en marcha dende hai varios anos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí