O BNG advirte que as obras de A Carreiriña se desvían do proxecto inicial

bngnoiaobrascarreirina_100_09092009.jpgNOIA> Segundo os nacionalistas non se está a respectar o emprazamento nin a tipoloxía do enlousado de pedra das rúas Escultor Ferreiro e Porta da Vila.

A medida que avanzan as obras, o BNG detecta novos cambios sobre o proxecto orixinal. Cuestións que, segundo os nacionalistas, son determinantes á hora de definir a futura imaxe das rúas Escultor Ferreiro e Porta da Vila como é o caso do enlousado de pedra que non respecta nin o emprazamento nin o tratamento das lousas que figuraban no proxecto.

{flowplayer}barbanza/bngnoiaobrascarreirina.flv{/flowplayer}

Dende a agrupación nacionalista entenden que non existen razóns técnicas que motiven as modificacións. Os nacionalistas quixeron facer pública a súa postura anunciando que non apoiarán estes cambios, dado que aínda non foron levados a pleno.

Advirten ó executivo de que non intente presionar a última hora xa que dende o BNG non votarán en contra dun proxecto co que non están de acordo.

Redacción Barbanza