A ASO confirma a presencia do París Dakart no Dakar 2010

dakar250_100909.jpgSALNÉS> Por cuarto ano consecutivo, a organización da ASO confitmou a presencia da escudería galega París Dakart como único representante galego na categoría de turismos no Dakar 2010 Arxentina-Chile.

A catro meses vista, José López Rivas e o seu copiloto Joan Rubí ultimarán os preparativos para a competición, se ben a estas alturas o Mitsubishi L200 está técnicamente listo a falta duns retoques na instalación eléctica e na colocación dun sistema hidráulico que permita elevar o coche.

Rivas e Rubí intentarán mellorar a actuación do ano pasado na que se viron obrigados a retirarse por un accidente na séptima etapa. Por segundo ano consecutivo o raid máis duro do mundo disputarase en Sudamérica, entre o 1 e o 17 de xaneiro, e contará cun trazado de máis de 9.000 quilmétros a través do deserto de Atacama, os Andes e o norte de Chile, tendo como punto de partida e chegada Bos Aires.

Redacción Salnés