Porto do son repartiu mil quilos de polbo

PORTO DO SON> Porto do son acollía este pasado sábado a Festa do Polbo, que este ano chegaba a súa 28 edición.

Na explanada do porto, onde se habilitou unha gran carpa, congregáronse miles de visitantes que se achegaron á vila para degustar este manxar das nosas rías.

A partir das once da mañá as ringleiras de xente para coller os tickets foron en aumento, facéndose máis visibles contra o mediodía.

En total este ano repartíronse uns mil quilos de polbo. Cada ración vendeuse a 13 euros.

O encargado de cociñalo foi novamente o polbeiro de Vedra, Manuel Veloso, a quen o Concello lle encarga a organización desta cita, unha das máis multitudinarias das que se celebran no Concello durante o verán.

Á par da degustación, celebrouse tamén unha nova edición da Andaina do Polbo, que organiza o Club International Trekkers Barbanza-Sar.

Na proba tomaron parte este ano unhas 80 persoas, que completaron os 22 quilómetros que separan os concellos de Boiro e Porto do Son, nunhas catro horas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí