Falece un home en Lousame ó caerlle enriba unha árbore

falecidolousame100.jpg LOUSAME> Un home faleceu en Lousame ó caerlle enriba unha árbore mentres traballaba nunha finca no lugar de Fontefría.

{flowplayer}barbanza/falecidolousame.flv{/flowplayer}
 
Un home de corenta e seis anos, con iniciais, J F S, faleceu a consecuencia do impacto dunha árbore que lle caeu enriba mentres traballaba nunha finca no lugar de Fontefría, en Lousame. Os feitos aconteceron ó redor das tres e media da tarde, cando o servizo de emerxencias deu aviso do sinistro advertindo de que a vítima xa podería estar falecido
 
Este non foi o único accidente laboral acontecido na comarca ó longo da xornada xa que en Outes un home de 32 anos resultou ferido mentres traballaba na reparación dunha batea ó cravar unha punta no pescozo. Aínda que as lesións que lle causou foron de carácter leve foi trasladado ó hospital clínico de Santiago para ser atendido.
 
Redacción Barbanza