NOIA> Sete anos despois do seu primeiro concerto conxunto, Monolius Dop e Heredeiros da Crus volverán actuar xuntos en Noia. Será no Estival Fest que se celebrará o 17 de maio no recinto do IES Campo de San Alberto.
Este venres saen á vendas as entradas para o Estival Fest que se celebrará en Noia o 17 de maio. Estarán dispoñibles en ataquilla.com por tan só 10 euros, prezo máis que modesto tendo en conta o cartel con dúas das bandas máis punteiras de toda Galicia.
Monolius Dop e Heredeiros repiten experiencia case unha década despois do concerto conxunto que ofreceran por primeira vez no Tapal. Aínda que a esencia é a mesma, o espectáculo promete moitas novidades.











