Os irmáns ‘Dalton’ pasan a disposición xudicial

    RIBEIRA> A Policía Nacional acúsaos de ser os presuntos autores de alomenos un total de trece roubos en locais hostaleiros e empresas da localidade. A policía ribeirense procedeu á detención, nos últimos días, de dúas persoas coma presuntas autoras de varios delitos contra a propiedade. Trátase dos irmáns Martínez Alonso, coñecidos coma os ‘Dalton’. Os axentes da comisaría ribeirense seguíanlle a pista dende hai tempo. Nesta ocasión acúsaselles de cometer, polo menos trece roubos, a maioría deles a locais hostaleiros e a empresas asentadas na localidade. Durante os rexistros practicados nas súas vivendas a policía puido recuperar varios efectos produto deses roubos, entre os que se atopaban tres ordenadores portátiles e un teléfono móbil. Os dous prendidos xa pasaron a disposición do Xulgado de Garda de Ribeira. Cónstanlle numerosos antecedentes anteriores por distintos delitos, aínda que na súa maioría contra a propiedade. O maior deles foi detido en 17 ocasións e o irmán pequeno a frioleira cifra de 63.