Preparados para a visita de dous candidatos ó ascenso

futbol250_110909.jpgSALNÉS> Achegámonos a unha nova xornada de liga na Terceira. O Céltiga e o Vilalonga afrontan esta fin de semana dous complicados compromisos. O Cerceda visita o Salvador Otero, mentres que o Depor B desprázase ata San Pedro.

Por segunda semana consecutiva o Céltiga xogará na casa. Quinto na táboa con catro puntos, os de Pablo Vázquez queren darlle continuidade ó bo arranque de temporada que fixeron. Ben é certo que amosaron dúas caras: a boa, a de Santa Comba,e a mala, a do derbi da semana pasada. Aínda así, gañaron, polo que a lectura debe ser positiva.

Enfronte, o Cerceda, que é sempre un candidato a meterse na fase de ascenso. Mantén a boa parte do plantel do ano pasado, no banquiño a Suso Moure e ademais reforzouse con fichaxes de renome como as do mediocentro Rodri, o dianteiro Franqueira ou o lateral Juan Cabrejo, todos eles con anos de experiencia en categorías superiores. Pablo Vázquez continúa ser poder contar con Beni, aínda lesionado.

O Depor B de Tito Ramallo chega a San Pedro, rival complicado donde os haxa. Equipo xoven e con calidade de sobra como para estar entre os de arriba este ano e voltar á 2ªB. Puntou sete das dez veces que visitou o campo dos celestes.

Pero o Vilalonga, pese a o solitario punto que sumou nos dous primeiros partidos, amosou boas maneiras, xogo combinativo e vistosidade. O único que semella faltarlle é concretar as ocasións de gol que ten, pero maior problema sería non crealas.

Serán baixa Suso e Sarró por lesión ó igual que Leo, que tralo seu prometedor debut no Salvador Otero sufríu unha rotura de fibras que o manterá alonxado dos terreos de xogo durante 3-4 semanas. A boa nova para Gabi Leis é que recupera a Saúl; superadas as súas molestias onte adestrouse co grupo con total normalidade.

Redacción Salnés