Recadan fondos en Boiro para que o piloto Diego Vázquez poida competir

BOIRO> Unha rotura no motor da súa motocicleta de competición pon en seria dúbida a súa participación no Campionato Nacional de Portugal do 25 ó 27 de xullo. O arranxo da avaría ten un custe duns mil euros…que agora non ten.

A Diego Vázquez, este mozo boirense afeccionado ó mundo das dúas rodas, o que máis lle gusta e poder competir. Pero as circunstancia agora mesmo impídenllo. Unha rotura no motor da súa moto pon en serio risco a súa participación no Campionato Nacional de Portugal a celebrar no circuíto de Portimao os días 25, 26 e 27 de xullo.

As escasas axudas que recibe, a maioria delas de locais hostaleiros do municipio, que agora tampouco están a pasar polo seu mellor momento, apenas lle dan para cubrir gastos, e agora para o arranxo do motor necesita uns mil euros máis que non ten.

Por esta razón o seu equipo, o DTR Team, fai unha chamada á veciñanza de Boiro e tamén da comarca a colaborar con eles a través de pequenas doazóns económicas para tratar de poder alcanzar esa cantidade de diñeiro que necesita. A conta está aberta no banco Sabadell: ES94 0081 2197 1100 0615 2028.

Nas últimas semanas xa lle confirmaron varias achegas, entre elas unha do Concello, polo que Diego espera poder cumprir o seu soño e competir, como o leva facendo dende que tiña seis anos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí