David Cal será o abandeirado español nos Xogos de Pekín

cal250_170708.jpgSALNÉS > O padexeiro de Aldán coñeceu a nova esta mañá, despois de ser designado polo COE para suceder a Isabel Fernández como abandeiro do equipo español nos Xogos Olímpicos de Pekín.

Esta tarde o Comité Olímpico Español deu a coñecer o nome do deportista encargado de porta-la bandeira española no desfile inaugural dos Xogos Olímpicos de Pekín. E o elexido foi un galego, o padexeiro David Cal.

O cangués afincado en Pontevedra acada este mérito grazas principalmente ás dúas medallas acadadas en Atenas no 2004, unha de ouro e outra de prata. Nun principio o COE tiña pensado que o abandeirado fose Gervasio Deferr, pero o ximnasta renunciou ó nomeamento por causas deportivas, xa que entra en liza no primeiro día de competición e precisa estar descansado.

David Cal encabezará por tanto ó equipo español, honra da que xa desfrutaron outros grandes deportistas como Manuel Estiarte, Isabel Fernández ou o propio Príncipe de Asturias.

Redacción Salnés