Xa hai oito detidos no marco da operación xeada contra o narcotráfico

    foto_xeada_100.jpgVILANOVA> Estas imaxes corresponden ó rexistro dunha vivenda en Vilanova esta semana na que resultou detido un veciño de Vilanova de Arousa, VGP,…

    {flowplayer}images/salnes/xeada.flv{/flowplayer}

    … alias Vitiño de 27 anos de idade. Esta era unha das oito detencións que se veñen producindo ate o de agora no marco da operación contra o narcotráfico Xeada, levada a cabo pola Xefatura Superior de Policía de Galicia.

    Xunto con este vilanovés, asentes da UDYCO tamén detiveron a outros dous irmáns de Vilanova: J.V.G.S de 26 anos, e J.L. G.S. de Vilanova de Arousa. Dentro deste dispositivo tamén resultaron detidos outro veciño de Vilanova, JASB, alias Prevenido,de 25 anos; e M.J.F.mais coñecido como Cacharrón e coron, de 45 anos, así como JLFB, o Miajas, de 51 anos; ámbolos dous veciños de Vilagarcía. Xunto con eles tamén pasaron a disposición xudicial o Informal de 33 anos veciño de Bueu, e MGM de 35 anos e domiciliado en Arcade. Todos eles xa pasaron a disposición xudicial no Xulgado de Instrucción número 2 de Vilagarcía, onde xa decretaron o ingreso na cadea de catro deles.

    Neste xulgado terán que responder pola posesión de 155.000 euros e 4.000 gramos de cocaína; 134 landras de jaxís, unha pistola bereta simulada e mais dun cento de teléfonos móbiles. Axentes da UDYCO da Comisaria provincial de Pontevedra e de Galicia, UDEV Pontevedra e o GRECO galego levaban traballando neste caso desde o mes de decembro do ano pasado. A investigación segue aberta polo que non se descartan novas detencións.

    Redacción Salnés