Un viticultor denuncia o corte de 75 cepas de albariño da súa propiedade

    cortecepasok_100_100909.jpgMEIS> José Radío asegura que a sabotaxe lle fixo perder uns 2.000 quilos de uva. Sospeita dos responsables, pois non é a primeira vez que lle ocorre algo similar.

    {flowplayer}images/salnes/vecino_vilarino_por_corte_cepas.flv{/flowplayer}

    Un veciño de Meis, José Radío, tivo que adiantar a súa época de vendima. O motivo foi a desagradable sorpresa coa que se atopou esta semana cando viu que lle cortaran, nunha das súas fincas, arredor de 75 cepas. O acontecido sucedeu nun terreo que José ten no Mosteiro, da noite do martes para o mércores.

    Estes cortes supoñen unha perda de arredor de 2.000 quilos de uva, posto que a cooperativa para a que traballa, a Vitivinícola Arousana de Meaño, non pode facerse cargo dos mesmos xa que os froitos non se atopan no estado óptimo de maduración. Unha perda significativa se temos en conta que é a principal fonte de ingresos da familia, que conta cuns 12 ferrados de viñedo.

    Pero non é a primeira vez que lle sucede isto, José Radío xa se viu no mesmo percance en dúas ocasións anteriores, a primeira hai oito anos e a segunda hai cinco, onde lle cortaran a práctica totalidade das cepas que posuía, máis de 300. 

    Este viticultor sospeita xa de quen pode estar detrás dos estragos. Agora, agarda que a proba presentada, unha cinta cunha lanterna para colocar na cabeza, poida identificar ós responsables. Polo momento toca repoñer o desfeito, como nos outros dous casos. O que José non sabe é cando rematará todo, e deste xeito voltar novamente a tranquilidade.

    Redacción Salnés