VI Xornada de Emprendemento en Cambados

CAMBADOS> Todos aqueles que están pensando en emprender un negocio en Cambados, tiveron unha cita no Auditorio da Xuventude esta mañá. As IV xornadas de Emprendemento que se organizan dende o consistorio municipal foron un éxito no que participaron preto dun centenar de asistentes.

Este xoves celebráronse en Cambados a IV Edición das Xornadas de Emprendemento, unha actividade que se organiza dende a área de Economía do consistorio cambadés e coa que se pretenden achegar a todos aqueles que pensan en emprender máis información sobre que é o que deben facer ou a onde deben acudir para conseguir máis información.

O Auditorio da Xuventude acolleu estas exitosas xornadas dende primeira hora da mañá ata o medio día. Os asistentes puideron asistir a diferentes charlas nas que se falou de cómo emprender, programas de apoio, o asociacionismo ou mecanismos de financiamento entre outros temas. Ademais na parte final houbo unha mesa redonda con diferentes emprendedores que se prestaron a contar a súa experiencia, como é o caso de Gustavo Rey.

Toda información é pouca se o que está en xogo é o seu futuro, por iso este tipo de iniciativas informativas non sobran e son moi ben valoradas pola comunidade. Dende o concello consideran moi efectiva esta convocatoria e non desbotan continuar convocándoa nos vindeiros anos.