Opmega, Socomgal e Amegrove abandonan a mesa de negociación coa consellería polos novos peches

VILAGARCÍA, O GROVE> As grandes agrupacións de bateeiros abandonan as negociacións coa consellería. Opmega, Socomgal e Amegrove anuncian que deixan a mesa de negociación tralos novos peches de zonas de extracción da mexilla. Piden á consellería que reabra as zonas para continuar co diálogo e para evitar poñer en risco o sustento de moitas familias.

Dende hai semanas, arredor de 30 asociación de bateeiros deixaron de negociar coa consellería pola limitación das zonas de extracción da mexilla. Unhas negociacións nas que continuaron as grandes agrupacións mexilloeiras como Opmega, Socomgal e Amegrove, ata esta semana.

A pesar de que a consellería reabriu algunha das zonas de extracción que había pechado, este luns, unha publicación da xunta no DOG volvía a pechalas, provocando que as grandes agrupacións anuncien que abandona a mesa de diálogo.

Dende as asociacións non entenden que as zonas abertas en febreiro e marzo volvan a pecharse, considerando a situación como kafkiana, xa que a consellería resolve en contra das súas propias medidas afectando de novo a todos os bateeiros.

Tamén mostran a súa sorpresa, segundo advirten, pola celeridade coa que a consellería anula estas aperturas, mentres que as súas peticións continúan sen resolverse.

Opmega, Socomgal e Amegrove seguen apostando pola vía do diálogo pero consideran que a consellería non garante unha situación ideal para negociar, xa que actúa obedecendo á confrarías sen ter en conta a o propio sector do mexillón.

Para volver a sentarse na mesa de diálogo, sinalan, que se deben abrir as zonas pechadas este luns, así como outras en Baiona e A Garda.

Instan á consellería a resolver con celeridade ou do contrario porase en risco o sustento de moitas familias.