O saneamento de Cuntis estará rematado no verán do 2014

CUNTIS> A Consellería de Medio Ambiente rematará as obras de saneamento do Concello de Cuntis o verán que ven. Así o anunciou o titular desta carteira autonómica, Agustín Hernández, na súa visita a este Concello esta mañá; onde salientou tamén o perfecto funcionamento da solución proposta polo Goberno Galego para o encoro da Baxe, no río Umia, onde este estío deixaron de rexistrarse problemas relevantes ca microcistis. O Conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, visitou hoxe sobre o terreo as obras de saneamento que o seu departamento, a través de Augas de Galicia, está a desenvolver no Concello de Cuntis. Unha actuación que comezou fai mes e medio e que podería estar rematada no próximo verán. Esta obra virá a completar o saneamento da zona urbán de Cuntis e aliviará as descargas directas das que viña adoecendo o río Gallo. Esta actuación enmárcase no Plan Umia, e beneficia directamente ós Concellos lindeiros como Cuntis, Moraña e Caldas; aínda que os seus beneficios se estenden ós nove mil habitantes da bacía do Umia . Con todo, aínda faltan dez actuacións por implementar dentro deste plan; o que suporá un orzamento global de 22.45 millóns de euros ata o 2015. Hernández quixo salientar nesta visita a normalidade ca que os encoros do Umia viviron as intensas chuvias dos últimos días e tamén, especialmente, como solventou o Encoro da Baxe os episodios da microcistis que traían de cabeza á veciñanza que se servían de auga do mesmo. O Conselleiro de Medio Ambiente salientou asemade que o seu departamento está a realizar estudios das posibilidades de asolagamento nas zonas máis sensibles de Galicia e comprometeuse a facer limpeza naquelas zonas do leito do Río Gallo onde sexa mester. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/05/obras_cuntis.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/05/visita_cuntis_mati.mp4{/flowplayer}