![]()
CAMBADOS> E para que os cativos pasen o tempo de lecer, os centros culturais do municipio e as bibliotecas ofrecen un amplo abano de actividades.
{flowplayer}images/salnes/150909_coles_cambados.flv{/flowplayer}
Preto de cen cativos de Cambados participaron o ano pasado no Plan Madruga. A iniciativa busca facilitar o día a día a aqueles pais que teñen que entrar a traballar antes de que os cativos comecen as clases. Polo de agora, os colexios de Santo Tomé e Magariños foron os únicos que solicitaron adscribirse ó Plan durante este curso. A partir do un de outubro, os pais dos alumnos destes centros que o soliciten poderán deixar ós nenos no colexio a partir das oito da mañá, e un monitor encargarase do seu coidado ata que comecen as clases.
E para despois do colexio, estes pais poden optar por anotar ós seus fillos nalgunha das actividades de lecer que se impartirán nas casas de cultura do municipio. De luns a venres, un mestre impartirá en cada centro diferentes obradoiros: manualidades, hábitos de estudo, animación á lectura, clases de inglés ou sesións na biblioteca. Os horarios serán de catro da tarde a oito e formaranse dous grupos por idades: un para cativos de primeiro a terceiro de primaria e outro para alumnos de cuarto de primaria en diante. A idea é dedicar cada semana a un tema diferente.
Outra opción para o tempo de lecer serán as bibliotecas ou conectarse a internet nos telecentros.
A participación nestes obradoiros é gratuíta, e súmanse á oferta de actividades extraescolares deseñadas polas ANPAS, así como os ciclos de cinema e teatro que se desenvolven durante a tempada de inverno.
Redacción Salnés







