Aberto o prazo de solicitude para acollerse á segunda fase do ARI vilagarcián

    ari_100.jpgVILAGARCÍA> Ven de abrirse o prazo para a segunda fase das áreas de rehabilitación integral dos núcleos históricos de Carril e Vilaxoán, en Vilagarcía.

    {flowplayer}images/salnes/150909_ari_vilagarcia.flv{/flowplayer}

    Tralo éxito de convocatoria na que se abriran preto dun cento de expedientes, os propietarios de inmobles nestes dous núcleos poderán acceder a estas axudas para a súa rehabilitación. O Coordinador Responsable deste proxecto ARI vilagarcián, Javier Montoro, dá conta do que significa este proxecto para os veciños. As axudas oscilan normalmente entre os 9.000 e 10.000 euros, o que pode supoñer entre un 60 e un 80 % do custe total da actuación.

    Para acceder as mesmas, o primeiro paso é achegarse ata o número 20 da rúa Castor Sánchez, onde se atopa aberta en horario de mañá, de 9 a 2, a oficina de atención ó público. A partir de aquí, os técnicos municipais elaboran un proxecto que logo reenvían ás autoridades competentes para a súa tramitación, antes de executar a obra.

    É pois unha importante axuda para recuperar fogares envellecidos. A salvedade destas actuacións é que deben axustar a unhas ríxidas normas de adecuación ó entorno e empregar certo tipos de materiais axeitados con estes núcleos históricos, o que limita, ou potencia, como se queira ver, as posibilidades creativas das posibles reformas.

    Redacción Salnés