Unhas 25.000 persoas participan na Vendima da D.O. Rías Baixas

    150909_vendima100.jpgSALNÉS> Comeza a vendima na D.O. Rías Baixas. As primeiras subzonas que xa están a recoller as uvas son O Rosal e O Condado.

    {flowplayer}images/salnes/150909_VENDIMA.flv{/flowplayer}

    SALNÉS> Segundo cálculos dos sindicatos agrarios, entre 25 mil e 30 persoas participarán desde esta semana e ata finais de mes na recollida de uva na Denominación de Orixe Rías Baixas.

    Os primeiros en comezar están a ser as subzonas situadas máis ó sur da provincia de Pontevedra, O Rosal e O Condado. Nestas rexións, os froitos xa acadaron o nivel óptimo de maduración e grao alcohólico, e a súa recollida prolongarase uns 20 días.

    Pero o groso da vendima arrincará a partir do vindeiro luns, data na que está previsto que comece a colleita no Val do Salnés, Ribeiro do Ulla e Soutomaior. Destas subzonas, O Salnés é a que concentra a maior carga de traballo, ó aglutinar case o 95 por cento da produción total da DO. Este ano, as perspectivas son positivas.

    O sector agarda que a colleita sexa un 10 por cento superior á do 2008. A isto hai que sumar a alta calidade da uva albariña, cun bo estado sanitario e correcta acidez. O Consello Regulador da DO Rías Baixas lembra que este ano, a aprobación do novo regulamento, permitirá ampliar ata os 12 mil quilos o cupo de uva albariña que se pode recoller por hectárea de viñedo.

    Redacción Salnés