O consultorio de Vilaxoán reabre por fin as súas portas logo de dous anos pechado

VILAGARCÍA> Primeira xornada de actividade no consultorio de Vilaxoán despois de dous anos pechado. O servizo reabriu hoxe as súas portas, logo das reformas acometidas no seu interior. A veciñanza da zona celebra a volta do médico á localidade. Dende o Concello celebran a súa reapertura, pero afean a actitude da Xunta á hora de anuncia-la volta da actividade, en especial co patrón maior vilaxoanés.

Había dous anos que estas portas non se abrían para atender aos veciños de Vilaxoán, en concreto, dende que comezou a pandemia. Hoxe o consultorio da localidade volve pasar consulta.

Unha boa nova para os veciños que agora poderán ser atendidos pola doutora ao lado da casa, sen ter que desprazarse a Vilagarcía como nos últimos dous anos e medio.

O concello de Vilagarcía tamén celebra que o consultorio volva estar en marcha. Con todo afean a actitude da Xunta á hora de anuncia-la súa reapertura, en especial, co patrón maior vilaxoanés. lembra Tania García que foi o Concello e non o goberno galego o que acometeu esas melloras nas instalacións.

A reapertura de Vilaxoán crea unha nova situación. Co traslado da doutora aquí, son os pacientes de San Roque os que se teñen que achegar agora ata Vilaxoán. Unha situación que se prolongará no tempo en que o seu cupo de pacientes non se distribúa polo resto de médicos que hai no principal ambulatorio da cidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí