O BNG promete unha alcaldesa responsable e leal para Vilanova

    mitinbngvilanova_100_210507.jpgVILANOVA > A candidata do BNG, Carmela Alfonso presentouse como unha alternativa ‘auténtica, leal e responsable’…

    … Foi o sábado no mitin que ofreceu na Casa de Cultura do Esteiro.

    A aspirante nacionalista afirmou ser o mellor aval para cambiar as políticas e a forma de facer política en Vilanova. Carmela Alfonso destacou do seu programa electoral a creación de solo para vivenda de promoción autonómica, un plan xeral, sendas verdes, unha escola pública infantil, un centro de día, a mellora dos centros educativos e transparencia na adxudicación dos empregos públicos. Tampouco se esqueceu do campo de fútbol, aínda que non especificou o sitio.

    mitinbngvilanova_200_210507.jpgCarmela Alfonso estivo arroupada pola delegada de Innovación en Pontevedra, Montserrat Prado, e polo director xeral de Medio Rural, Gonzalo Flores. Prado encargouse de manifestarlle á aspirante nacionalista o apoio da Xunta e apelou á necesidade de votar ó BNG para dicirlle a Gonzalo Durán que ‘as baixas laborais e as receitas non se cambian por votos’.

    Redacción Salnés