‘Ruta dos Miradoiros’, vistas da comarca dende Lobeira

    ruta_sendeirismo_copia100.jpgANDRÁS> A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común, vai inaugurar, o sábado, a ruta de sendeirismo.

    {flowplayer}images/salnes/RUTA_ANDRAS.flv{/flowplayer}

    A ruta de sendeirismo, que ten un percorrido de 4,41 km por traxecto, vai pasar polo miradoiro do Faro das Lúas, e a Cruz de Lobeira. Ademais, poderase disfrutar de zonas co vexetación diversa e lugares de grande interese histórico. Un camiño, no que sorprenderse coas impresionantes vistas da Ría.

    A posta en marcha desta ruta de sendeirismo, tivo que retrasarse por culpa dos incendios que asolaron Lobeira no 2006. A comunidade de Montes de András conseguiu unha subvención para acondicionar o camiño ás esixencias da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.

    Está previsto que para dentro duns anos, realícense ampliacións na ruta. Ata que chegue o momento, a Comunidade anima ós xoves e ás familias a participar nesta actividade.

    Exercicio e medioambiente únense nunha ruta de sendeirismo moi especial.

    Redacción Salnés