A Peixería recibirá o Cpto. de España de Automodelismo

automodelismo250_150909.jpgVILAGARCÍA> O auditorio municipal acolleu a presentación do Campionato de España de Automodelismo Mini-Z. A praza de Peixería, lugar onde se levará a cabo a competición, encherase do venres ó domingo destes pequenos coches, auténticas máquinas de precisión

Vilagarcía será esta fin de semana a sede da cuarta e derradeira proba do Campionato de España de Automodelismo Mini-Z, a escala 1:28. Disputarase na Praza da Peixería e ata alí achegaranse ó redor de 60 participantes de toda España e Portugal.

A competición, organizada polo club Pista Salnés, será a que decida quen se proclama campión nas categorías Racer e F1, xa que son varios os que chegan con posibilidades de alzarse co triunfo final despois da igualdade reinante nas carreiras anteriores de Vitoria, Barcelona e Alacante.

Unha modalidade para moitos descoñecida pero que encherá de vida a Peixería do venres ö domingo.

Xunto a Xosé Castro Ratón, estiveron a edil de promoción económica Rosa Abuín e o presidente do club organizador. Todos, por suposto amosaronse moi satisfeitos porque esta proba se dispute en Vilagarcía.

Será o venres cando dé comezo cos daestramentos libres, o sábado pola mañá serán os cronometrados e pola tarde as primeiras roldas clasificatorias, que continuarán o domingo pola mañá. Xa na xornada vespertina dominical, xogaranse os cuartos, semifinais e final. Paralelamente á celebración deste campionato o entorno da Praza da Peixería acollerá tamén o domingo unha exhibición de vehículos clásicos.

Redacción Salnés