Un restaurante de Ribadumia cociñará un mero de 27 quilos

    merocopy.jpgRIBADUMIA> O peixe dará para 70 racións que se venderán a un prezo de ó redor de 15 euros xa que, nestes momentos, se atopa a bo prezo.

    {flowplayer}images/salnes/Mero27Quilos.flv{/flowplayer}

    Un mero de 27 quilos, nada menos. Este exemplar chegou esta mañá á cociña do restaurante Tío Benito en Ribadumia.

    Non é que estes fogóns estén demasiado afeitos a peixes deste tamaño pero un restaurante desta tradición e en vísperas da festa do tinto do salnés non podía desaproveitar unha ocasión coma esta.

    Neste momento o mero atópase a moi bo prezo, sobre 15 euros o quilo, a pesares de que adoita ser un produto moito máis caro, polo que é un bo momento para mercar este peixe, de gran calidade. O peixe dará para unhas setenta racións.

    Seguro que máis dun cliente deste restaurante se levou hoxe unha boa sorpresa o atopar este mere como compañeiro á hora de xantar.

    Redacción Salnés