O Locomat revolucionará o eido das neurociencias en Galicia

    locomat_100.jpgPONTEVEDRA> A Clínica La Merced de Pontevedra, incluída no Grupo Hospital Miguel Domínguez, pretende converterse nos próximos anos no…

    {flowplayer}images/salnes/160909_clinica_merced.flv{/flowplayer}

    … centro de referencia galego do ámbito das neurociencias; un eido ó que pertencen máis do 50 % das enfermidades crónicas actuais. Para iso, ven de realizar un esforzo inversor que mellorarán a capacidade de actuación deste centro, tanto co reforzo do seu equipo multidisciplinar como co incremento de número de camas ata ás 78 actuais.

    Pero o prato estrela desta mellora é a incorporación dun sistema de rehabilitación robotizada por medio do aparello lokomat, único en Galicia e que supuxo unha inversión de preto dos 400.000 euros.

    Este nova máquina está indicada para o tratamento de múltiples transtornos e enfermidades, tanto en cativos como en adultos. A incorporación desta nova dotación vai a supoñer unha importante mellora no tratamento de pacientes con este tipo de problemas vinculados á neurociencia.

    Redacción Salnés