Os emigrantes retornados trasladarán medidas concretas ó goberno a través do BNG

RIBEIRA> Os emigrantes retornados manterán unha xuntanza con representantes do BNG o próximo sábado en Vilagarcía. Neste encontro concretarán as medidas que lle trasladarán ó goberno para dar solución á situación fiscal en que se atopa este colectivo.

Case sete anos despois de iniciar a súa loita, os emigrantes retornados do Barbanza seguen en pé de guerra na rúa. Malia que xa conseguiron importantes avances, as forzas comezan a fallar e os ánimos están máis que caldeados.

Agora ábrese unha porta cos compromisos asumidos polo novo goberno central ante o BNG polo apoio á investidura de Pedro Sánchez.

Precisamente este sábado, os emigrantes retornados concretarán as principais medidas a adoptar nun encontro cos responsables do BNG. entre as principais, demandan que se estableza un mínimo de ingresos que determine a obriga de tributar, sen ter en conta o número de pagadores.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí