Javier Pérez Aznar impartirá en Ribeira unha xornada sobre o acoso

RIBEIRA> Ribeira acollerá unha xornada intercentros sobre acoso escolar. O programa componse dunha charla para alumnos e outras para profesorado e familias, impartidas polo piscólogo Javier Pérez Aznar.

A iniciativa de organizar a xornada ‘Ribeira sen Acoso’ partiu do profesorado do CEIP O Grupo como unha das actividades enmarcadas na Semana da Prensa. Desenvolverase o día 9 de marzo en dúas sesións que se retransmitiran tamén vía streaming.

O encargado de impartir as charlas será o psicólogo especialista en acoso Javier Pérez Aznar. Tamén participará, aínda que cunha intervención en liña, o ex-xogador de baloncesto Ilaki Zubizarreta que foi vítima de acoso escolar no pasado. Ambos abordarán a problemática do acoso dende tres puntos de vista.

Para asistir á charla de xeito presencial é preciso reservar praza previamente no enderezo electrónico normalizacion@ribeira.gal.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí